8M - Día da Muller
Hoxe é o día da muller e na escola démoslle visibilidade á igualdade cun pequeno proxecto.
Baixo o slogan "o simple aleteo dunha bolboreta pode cambiar o mundo" debuxamos múltiples bolboretas que tamén serviron para decorar os corredores.
Ademais, coñecimos a unha muller que foi moi importante: a primeira almiranta da historia, Isabel Barreto, que ademáis era galega. Que vos poden contar os nenos e nenas dela?
Deixámosvos unhas imaxes do noso traballo. 💜♀️
Comentarios
Publicar un comentario