Publicacións

8M - Día da Muller

Imaxe
Hoxe é o día da muller e na escola démoslle visibilidade á igualdade cun pequeno proxecto. Baixo o slogan "o simple aleteo dunha bolboreta pode cambiar o mundo" debuxamos múltiples bolboretas que tamén serviron para decorar os corredores. Ademais, coñecimos a unha muller que foi moi importante: a primeira almiranta da historia, Isabel Barreto, que ademáis era galega. Que vos poden contar os nenos e nenas dela?  Deixámosvos unhas imaxes do noso traballo. 💜♀️

Xogamos con tizas

Imaxe
 Por fin volveu o sol! E nós decidimos darlle ao día algo de cor decorando o noso patio con debuxos propios feitos con tiza. Que ben o pasamos e que bonito quedou!

Día de Rosalía

 O mércores día 24 celebrouse o día de Rosalía de Castro. Para celebralo, que mellor que empaparnos da súa poesía. Deixámosvos un anaquiño recitado por nós.  Con moito cariño, "Airiños, airiños, aires".

Celebramos o entroido!

Imaxe
Ola a todxs! Durante esta semana celebramos o entroido na nosa aula e tamén no cole. Fixemos uns antifaces ben coloridos e totalmente "man-uais" 😜 Ademais, creamos uns compadres e unhas comadres fermosísim@s ,moi típicos no entroido de Ourense, cos que xogamos e nos divertimos! Seguramente non chegaron enteiros, por iso deixamos aquí unhas fotos para que os vexades. Pasade bo entroido e ata a próxima monstuíñxs! 🌈

Seguimos adiviñando!

Imaxe
 Toca volver pensar... de que falarán estas novas adiviñas?

ADIVIÑA, ADIVIÑANZA...

Imaxe
Para esta fin de semana temos unha tarefa diferente, na que nos convertiremos en pensadores e pensadoras... 🔍 Tedes aquí dúas adiviñas que teredes que ler e intentar descubrir que é.❓❔  O luns traede as resposta e veremos quen acertou!  Boa finde e bicos monstruosos! 😘

BENVIDA!

 Ola a todos e todas! Benvidos ao blog de 1º que empregaremos durante este curso. Espero que teñades moitas ganas de traballar. Empezamos!!🌈