Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2021

Día de Rosalía

 O mércores día 24 celebrouse o día de Rosalía de Castro. Para celebralo, que mellor que empaparnos da súa poesía. Deixámosvos un anaquiño recitado por nós.  Con moito cariño, "Airiños, airiños, aires".

Celebramos o entroido!

Imaxe
Ola a todxs! Durante esta semana celebramos o entroido na nosa aula e tamén no cole. Fixemos uns antifaces ben coloridos e totalmente "man-uais" 😜 Ademais, creamos uns compadres e unhas comadres fermosísim@s ,moi típicos no entroido de Ourense, cos que xogamos e nos divertimos! Seguramente non chegaron enteiros, por iso deixamos aquí unhas fotos para que os vexades. Pasade bo entroido e ata a próxima monstuíñxs! 🌈