Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2021

8M - Día da Muller

Imaxe
Hoxe é o día da muller e na escola démoslle visibilidade á igualdade cun pequeno proxecto. Baixo o slogan "o simple aleteo dunha bolboreta pode cambiar o mundo" debuxamos múltiples bolboretas que tamén serviron para decorar os corredores. Ademais, coñecimos a unha muller que foi moi importante: a primeira almiranta da historia, Isabel Barreto, que ademáis era galega. Que vos poden contar os nenos e nenas dela?  Deixámosvos unhas imaxes do noso traballo. 💜♀️

Xogamos con tizas

Imaxe
 Por fin volveu o sol! E nós decidimos darlle ao día algo de cor decorando o noso patio con debuxos propios feitos con tiza. Que ben o pasamos e que bonito quedou!